ADRIÁN COSTA & THE CRIERS

16 de xullo · Praza da Quintana · 22:00

[23:50 xunto Pat Thomas]

The Criers é a nova banda do bluesman galego Adrián Costa. Soul poderoso con moito, moito, rock. Na primavera de 2015 publicaron e presentaron o seu primeiro LP, Sexercise, con 12 temazos propios.

Con fortes raíces na música negra, a formación liderada por Costa consegue dar unha volta nova ao son dos 60 e recrearse nunha espiral de influenzas, dende o son de Nova Orleans ata os primeiros The Kinks, sen esquecer as súas reminiscencias latinas.

O percorrido do seu vocalista, nacido en Compostela en 1979, pasa pola Tonky Blues Band e Los Reyes del K.O., grupo co que lanzou seis discos. Recalou logo en San Francisco, onde fundou a súa propia banda, Adrian Costa Blues Persuasion. Despois de tres intensos anos decidiu gravar un álbum de corte máis ecléctico.

The Criers complétase con Kid Andersen ao baixo, Chris Burns ao Hammond, Dennis Dove nos coros e Costa ás guitarras, batería e voces.

© Terra da Fraternidade 2017 · Política de privacidade e de cookies