BIXIGA 70

18 de xullo · Praza da Quintana · 23:00

[23:50 xunto García MC]

A banda Bixiga 70 formouse a partir da unión de varios músicos xa coñecidos da escena de San Paulo (Brasil) a partir de traballos desenvolvidos no estudo Traquitana, situado no corazón bohemio do centro da cidade.

Procedentes das máis diversas agrupacións musicais, uníronse membros que acompañan a diversos grupos e artistas como Rockers Control, Projeto Coisa Fina, Dudu Tsuda, CORTE, Pipo Pegoraro, Anelis Assumpção, Alzira E, entre outros, para explorar o territorio de fusión da música instrumental africana, latina e brasileira en composicións propias e versións de artistas brasileiros como Luiz Gonzaga, Pedro Santos e Os Tincoãs.

O primeiro álbum do grupo, lanzado en 2011, foi aclamado por público e crítica, figurando nas principais listas de mellores discos do ano en diversos medios de comunicación.

A banda foi premiada no 25º Premio da Música Brasileira na Categoría Revelación e ten feito xiras memorables por Europa e no primeiro e simbólico show en chan africano, o norenomeado Mawazine Festival na cidade de Rabat, en Marrocos.

© Terra da Fraternidade 2017 · Política de privacidade e de cookies