DJ NAJLE

Do 14 ao 18 de xullo · Praza da Quintana

[Actuación de transición entre cada concerto da xornada]

Baixo as influenzas da música electrónica, o son picoteiro e a música dos barrios do sur de Barranquilla e Cartaxena, dj Najle achega á escena unha carga chea de sabor Afrocaribe, que fusiona esta riqueza cultural con ritmos urbanos contemporáneos, como o Breakbeat, o Hip Hop, o Global bass e o Kuduro, entre outros.

Cada set é unha experiencia chea de momentos variados, mesturas que pasan polo Funk, a Champeta, a música Afrocolombiana Tradicional, o World Beat, o Dance Hall, o Reggae, mesturados en forma que levan o espectador a un clímax na pista.

© Terra da Fraternidade 2017 · Política de privacidade e de cookies