GIRMA BÈYÈNÈ & AKALÉ WUBÉ

17 de xullo · Praza da Quintana · 23:00

[23:50 xunto Abe Rábade e The Lákazans]

Girma Bèyènè é unha lenda popular en Etiopía: letrista, compositor, arreglista e vocalista, é considerado un titán no jazz do país, designado como un dos principais representantes do chamado ethio-jazz, música que mestura a tradicional etíope con influenzas de diferente procedencia como o afro-funk, o soul, o jazz ou os ritmos afrocaribeños. Ten realizado arranxos para 65 títulos, superando os 40 de Mulatu Astatke. Tamén conta no seu currículo con gravacións como vocalista, pero principalmente é recoñecido como pianista e arreglista.

Akalé Wubé (Francia) é unha desas formacións de fóra de África absolutamente entregada á música procedente de África, e que, nas súas gravacións, amosa absoluta devoción por un dos substratos máis interesantes, ricos e, á vez, descoñecidos e invisibilizados do mundo: as músicas etíopes.

© Terra da Fraternidade 2017 · Política de privacidade e de cookies