HABELAS HAINAS

15 de xullo · Praza da Quintana · 22:00

[23:50 xunto Selma Uamusse]

É en 2009 cando estas catro rapazas crean o proxecto Habelas Hainas. Catro multiinstrumentistas que partindo da música tradicional, exploran eidos artísticos como a teatralidade e as artes plásticas e visuais facendo de cada espectáculo algo diferente e senlleiro, sempre dende unha ollada feminina e plural.

Isto lévaas a explorar outras músicas, crear os seus propios temas e experimentar coa tradición; tal inquedanza permanente reflíctese na indagación e aproveitamento dos diferentes recursos dos instrumentos tradicionais creando un son enérxico, fresco e orixinal.

https://www.facebook.com/habelas.hainas.96

© Terra da Fraternidade 2017 · Política de privacidade e de cookies