MERCEDES PEÓN

14 de xullo · Praza da Quintana · 23:20

[23:50 xunto Varsaw Village Band]

Mercedes Peón está considerada como unha das mulleres máis carismáticas da world music actual. A variedade das súas composicións que arrancan desde a polirritmia baixo a mirada dos ritmos máis ancestrais culminan en temas eclécticos e vibrantes. O seu amplo repertorio, o embruxo e a enerxía que se apoderan de cada unha das súas actuacións fan desta muller unha aposta segura pola continuidade da escena etnocontemporánea de Europa.

Exprésase libre de clichés e espállase polo eido internacional sen ningún esforzo mediático. Os seus último traballos están en estreita colaboración con outras disciplinas como a danza –con composicións para o Centro Coreográfico Galego ou a compañía Entremáns– e o cinema con músicas para traballos audiovisuais de Margarita Ledo.

Conta con premios nacionais e internacionais tan relevantes como o que outorga o World Music Forum, a revista FolkWorld ou o Premio Nacional da Cultura 2008.

© Terra da Fraternidade 2017 · Política de privacidade e de cookies