PAT THOMAS & KWASHIBU AREA BAND

16 de xullo · Praza da Quintana · 23:00

[23:50 xunto Adrián Costa]

Pat Thomas é un vocalista e compositor de Ghana, unha referencia do Afrobeat e do Highlife ghanés.Ten unha ampla traxectoria de 50 anos que vai dende os seus inicios con Ebo Taylor na Broadway Dance Band, dende finais dos 60 ata ben entrados os 70; os seus flirteos co reggae coa banda Sweet Beans; e as súas gravacións na Alemaña de principios dos 80, cando deu vida ao burger highlife -os expatriados ganeses no país xermano autodenominábanse ‘burgers’-.

Colaborador frecuente de Ebo Taylor. A súa actual banda, Kwashibu Area Band, está liderada polo multiinstrumentista Kwane Yeboha.

© Terra da Fraternidade 2017 · Política de privacidade e de cookies