RAIGAÑAS

14 de xullo · Praza da Quintana · 23:00

[23:20 xunto Mercedes Peón]

Dentro da música tradicional, o grupo de pandereteiras Raigañas desenvolve una importante e imprescindible tarefa de recolleita e conservación da música popular, máis en concreto do legado musical Bergantiñá. Na súa xeografía de recolleita encóntranse os lugares de Brantuas e Liminoa do concello de Ponteceso, Barizo, Cambre e Cerqueda do concello de Malpica de Bergantiños, Baldaio, Cances e Sísamo de Carballo, Neaño de Cabana de Bergantiños, e Erbecedo en Coristanco.

Ao longo destes 27 anos de traballo a dirección do grupo, a maioría das integrantes foron cambiando e o grupo foise enriquecendo de repertorio e de aprendizaxe de cantigas e de sons de aldeas das catro provincias de Galicia. Nas súas colaboracións destacan as do último disco de Luar na Lubre ‘Saudade’ e tamén as dos concertos con Mercedes Peón.

© Terra da Fraternidade 2017 · Política de privacidade e de cookies