SELMA UAMUSSE

15 de xullo · Praza da Quintana · 23:00

[23:50 xunto Habelas Hainas]

A súa versatilidade, o seu podereso instrumento vogal e a súa xenial versatilidade performativa, levouna a brillar desde o rock (Wray Gunn) aoafrobeat (Cacique 97), aogospel, ao soul e ao jazz (Gospel Collective), tributos a Nina Simone e Miriam Makeba, enriquecendo a súa viaxe por diversos estilos. É cada vez máis consciente do podertransformador político e social da música.

Nos últimos dous anos ten acompañado a Rodrigo Leão como voz convidada e tenparticipado en discos e espectáculos de diversos artistas.

O seu EP de Estreia, onde se avanza o primeiro tema Ngono Utana, contén todo o que é Selma: una nova e enérxica intérprete que viveu a súa adolescencia durante o reinado dorock en Portugal, coñecedora do cancioneiro tradicional e do jazz e o soul norteamericanos. A mestura que ofrece Selma é un mosaico de todas as súas aventurasartísticas cunha identidade musical propia e inconfundible entre as machambas de Mozambique, os clubes nocturnos europeos xunto ritmos tradicionais africanos conmúsica electrónica e psicodélica.

© Terra da Fraternidade 2017 · Política de privacidade e de cookies