WARSAW VILLAGE BAND

14 de xullo · Praza da Quintana · 23:20

[23:50 xunto Mercedes Peón]

Warsaw Village Band é unha icona da música de Polonia que combina tradición con elementos modernos, e une as audiencias do punk rock e a música clásica. O grupo converteuse na banda polaca máis exitosa do mundo. Recibiu o prestixioso premio BBC Radio 3 Newcomer World Music Award, en 2004.

A pesar de utilizar soamente a técnica da ‘voz branca’ arcaica e tocar instrumentos tradicionais como o violín, o dulcémele ou o Pock fiddle do século XVI, cada un dos álbums gravados en estudo da banda está cheo de experimentos vangardistas e fusións únicas. Teñen colaborado con artistas como Hedningarna, Esperanza Spalding, Leszek Moz’dz’er, DJ Feel-X, Andy Teirstein, Jack Wall e mesmo grupos como Zion Train ou Vibronic realizaron remixes de pezas da banda. A banda tamén gañou o concurso musical polaco ‘New Traditions’ en 1998 e o mellor álbum popular polaco do ano con ‘Uprooting’. A próxima produción do grupo, titulada ‘Sun Celebration’, é produto da amizade de 3 anos coa multiinstrumentista e cantante galega Mercedes Peón, coa que deron un concerto común no escenario principal do festival polaco máis grande ao aire libre, Przystanek Woodstock, cunha audiencia de 500 000 asistentes.

© Terra da Fraternidade 2017 · Política de privacidade e de cookies